Bondadoso e cercano

O noso plan de estudos no Instituto comprendía sete anos con exame de Estado na Universidade. A súa chegada como Catedrático de Xeografía e Historia coincidiu co quinto curso, e a inauguración do novo edificio do Instituto na Avenida de Rodríguez Mourelo. Tivémolo, polo tanto, de profesor, tres cursos completos.

Como persoa, era bondadoso, cercano, escoitabámolo con entusiasmo, porque ademais de ensinarnos historia con relatos agradables, anécdotas, exento de resabios pese a o que tiña sufrido persoalmente por razóns políticas, dábanos consellos paternais, subliñando como el aproveitaba o tempo no seu recorrido habitual no Freire desde Santiago.

Non era duro nos exames. O único castigo que recibiamos, cando chegabamos tarde, era deixarnos de pé, ao seu lado, durante a clase. El, sempre daba as clases de pé.

Por aquela época, don Antonio estaba colaborando con Vázquez Seijas na montaxe do Museo Provincial de Lugo, e pediunos colaboración por si tiñamos algún de nós, nas nosas casas de aldea, algunha peza que puidese resultar de interese. Eu encontrei na palleira da miña casa da aldea unha taboa que fora porta dun sagrario barroco, coa escena da Natividade do Señor, que lle entreguei, que se puxo en valor, e hoxe pertence ao Museo Provincial de Lugo.

Pedro Ferreiro