Homenaxe a Antón Fraguas en Lugo aos 30 anos de marchar da cidade

30 anos despois de marchar de Lugo (1989), Fraguas recibíu en Lugo unha homenaxe singular: máis de douscentos dos seus antigos alumnos xuntáronse nun xantar no xa desaparecido Salón Azul do Monterrey, despois de inaugurar a rúa co seu nome, a que vai desde o entronque de Quiroga Ballesteros, á que entón se chamaba do Tenente Coronel Teijeiro e hoxe é de Lois Peña Novo, ata a Praza da Soidade. O Concello de Lugo, do que daquela era alcalde Vicente Quiroga Rodríguez, acordara, a petición dos seus antigos alumnos, darlle o nome de Antón Fraguas á pequena pero simbólica rúa, abeirada á histórica igrexa de San Pedro, en pleno centro da cidade.

Medalla

 

O 17 de maio de 1986, 23 devotos de Fraguas formularon petición ao Concello de Lugo dunha rúa para o antigo Mestre do Instituto Masculino da capital lucense. Os nomes –algúns, xa están no alén– dos asinantes eran: Andrés Pérez-Carro, Rafael Real Pérez, Manuel García Fernández, Manuel Arrojo Lois, Francisco Díaz Calvo, Luis Sánchez Toirán, Ramón Pedreira Valmayor, Alberto Basanta Ramos, Juan Hernández Calle, Antonio Fernández Carballedo, Víctor Ferreiro Novo, Luciano Suárez Paz, José Maira Adán, Germán Santamarina Comba, Adolfo Monasterio López, Víctor Basanta Varela, Pedro Ferreiro Mazón, Juan Bellón Polanco, Xulián Parga Rodríguez, Hortensio Díaz Becerra, Jose María Prado Gómez, Luis Cordeiro Rodríguez e Amando Losada Losada.

Antonio Fraguas (futuro Cronista de Galicia) con Xosé Trapero Pardo (Cronista oficial de Lugo), compañeiro na Real Academa Galega. Á esquerda, Sara Figueroa, esposa do Alcalde de Lugo, Vicente Quiroga Rodríguez. Detrás, concelleiros lucenses e antigos alumnos

Antonio Fraguas (futuro Cronista de Galicia) con Xosé Trapero Pardo (Cronista oficial de Lugo), compañeiro na Real Academa Galega. Á esquerda, Sara Figueroa, esposa do Alcalde de Lugo, Vicente Quiroga Rodríguez. Detrás, concelleiros lucenses e antigos alumnos

A petición seguíu un longo trámite oficial ata que o Concello pleno da capital lucense acordou conceder a rúa con nome de Antón Fraguas e establecer, de acordo cos exalumnos organizadores dos que a cabeza visible era Xulián Parga, o día 7 de outubro de 1989, en plenas festas de san Froilán, para a inauguración desta rúa.

Carta Alcalde

 

Mágoa que non conservemos gravación das palabras que ese día se dixeron no acto de inauguración, no que Vicente Quiroga Rodríguez, Alcalde da cidade, cedeu a palabra ao exalcalde Víctor Basanta, por ter sido alumno de Antonio Fraguas, para que interviñera no acto de inauguración, no que un emocionado profesor agradeceu ao Concello a concesión, aos exalumnos a súa iniciativa, e a todos os presentes a asistencia ao acto.

Palabras de Víctor Basanta (antigo Alcalde de Lugo e antigo alumno) no acto de inauguración da rúa Antonio Fraguas

Palabras de Víctor Basanta (antigo Alcalde de Lugo e antigo alumno) no acto de inauguración da rúa Antonio Fraguas

Gardamos fotos deste acto que se distribúen ao longo deste libro, o mesmo que da comida de amizade e homenaxe que logo se ofreceu ao profesor amigo. E no resume dos nove anos lucenses de Fraguas inclúese a carta que Don Antonio lle mandou a Xulián Parga en canto tivo noticia da iniciativa, pedindo que se dese marcha atrás na idea por estimar que había moitísimos aos que honrar antes ca el. E non temos documentos posteriores, pero estamos seguros de que Xulián tivo que razonar amplamente co benquerido profesor –houbo un período de tres anos desde a iniciación e o feliz término- que acabaría aceptando a homenaxe que lle chegaría trinta anos despois da súa marcha da capital lucense.

O homenaxeado, agradecendo a dedicación dunha rúa co seu nome

O homenaxeado, agradecendo a dedicación dunha rúa co seu nome

No Salón azul do Monterrey

Aquel salón entrañable da rúa de Dr. Castro, onde tantos actos se celebraron, mesmo programas de radio cara ao público, foi o marco do xantar que os exalumnos de Fraguas organizaron con motivo da súa estancia en Lugo.

Monterrey

 

Máis de douscentos antigos alumnos, debedores agradecidos do maxisterio irrepetible de Fraguas, xuntáronse no lugar, sendo atendidos un por por un polo abrumado don Antonio, que coidamos viviu un dos momentos máis importantes da súa vida.

Monterrey

 

E grazas á preocupación de Ramiro, o propietario do Monterrey, gardamos memoria do que neste acto se dixo, tanto por parte do representante dos antigos alumnos, Xulián Parga, como por parte do homenaxeado.

E as palabras dun e doutro deben quedar ao dispor de todos, nesta memoria agradecida ao irrepetible profesor.

Palabras de Xulián Parga

Palabras de Xulián Parga

 

… Agradecer ao Excmo. Concello de Lugo o acto que tivemos o placer de compartir con don Antón Fraguas, tanto polo acto en si, brillante e sobre todo entrañable, como pola acollida que no seu día prestaron á nosa petición.

Moitas grazas ao director do Instituto polo recibimento e a hospitalidade daquela casa tan chea de lembranzas e que tanto representa para todos nós.

Grazas tamén a Sargadelos e ao debuxante Siro polas súas artísticas aportacións, demostracións ámbalas dúas de garimosa adhesión a nós e do especial agarimo que sinten por don Antonio.

Gratitude así mesmo -pola colaboración que nos prestaron – a Editorial Galaxia, Galería Sargadelos de Lugo, e aos medios de comunicación galegos, todos eles afervoadamente sensibles á figura do Profesor Fraguas.

Sentímonos moi honrados e polo tanto manifestamos o agradecemento pola presencia entre nós de representantes de distintas institucións que por compartir a nosa admiración polo homenaxeado mostraron especial interese en nos acompañar este día. Tamén o recoñecemento do grupo organizador a todos vós por esta magnífica resposta á nosa chamada, aínda que sabemos que o nome de don Antonio Fraguas fai moi doada calquera convocatoria.

E agora, querido don Antonio, temos que apelar á súa recoñecida bondade, para que comprenda este acto no que desexamos de todo corazón transmitirlle uns sinceiros e garimosos sentimentos como consecuencia daqueles anos do noso bacharelato, nos que vostede e máis todos nós compartimos unha inesquencible etapa da nosa vida, tan importante como é a etapa formativa.

A súa feliz participación motiva esta tamén feliz xuntanza non exenta de molestias para vostede, pero que coidamos saiba comprender.

Certamente, non parece xusto que tiveran que pasar máis de trinta anos para que se levara a cabo o que neste intre estamos a facer. Pero non é menos certo que se din que o tempo contribúe a esquencelo todo, neste caso non o acadou. Non foi capaz de borrar a traxectoria, a influencia, as ensinanzas e, en suma, a lembranza dun home que uns rapaces de Lugo tiveron a fortuna de ter como mestre.

E isto é o que lle da autenticidade a esta xuntanza. Non ten a paixón da inmediatez, senón a solidez da lembranza a pesares do tempo. Lembranza forte, semellante á fortaleza dos monumentos que vostede nos ensinou a admirar, só que neste caso o Mestre Mateo chamase Mestre Fraguas. Veleiquí a súa obra que permanece.

Vostede sabe moi ben que na vida dun home non se esquecen aos pais e, como neste caso, ao Mestre. O bo mestre. Aquí, darredor de vostede, Don Antonio, estamos aqueles rapaces que tivemos o privilexio das súas ensinanzas e sobor de todo do seu maxisterio, no máis amplo sentido. Porque para vostede a asignatura non era ensinar polo libro. Eran as súas explicacións repletas de rigor e amenidade, e as súas ensinanzas prácticas adornadas coa súa natural simpatía. O seu estilo foi para nós o mesmo que vostede dixo do seu mestre Sobrino Buhigas, pasar do memorismo ao estudo práctico.

Según vostede, na escola aprendeu a decir “afónico” e “tuerto”. Pois ben, nós aprendimos de vostede, primeiro, o respecto mutuo, e segundo a ver ao profesor froito dese peculiar respecto que vostede sentía polos alumnos, coma unha persoa que disfrutaba agasallando coas súas sabenzas, e que facía a cotío profesión da súa vocación de mestre. E, coma tal, de amor polos seus discípulos.

A súa figura, seria pero cercana, sempre aberta á consulta e á conversa, sobor da historia, a arte, os costumes ou do que fora, rachaba co concepto do profesor distante e sancionador. Pola contra, aparecía o home que se interesaba por transmitir sensibilidade e sabiduría, o verdadeiro mestre. E iso, Don Antonio, -proba de que non se nos esquenceu-, é o que lle queremos recoñecer despois de tanto tempo. E porque non basta coas nosas lembranzas, as que pouco a pouco van esmorecendo por razóns naturais, tiñamos interese en que o seu paso pola cidade de Lugo quedase perpetuado, e por iso pedimos para vostede a rúa que hoxe se inaugurou.

Sabemos que non é home de celebracións nin de homenaxes, pero se o goberno galego, a cidade de Santiago, e outras institucións tiveron para vostede o recoñecemento que se merece, nós, os seus alumnos de Lugo, tamén temos se non a obriga polo menos o dereito, a lle agradecer o placer e o beneficio do seu maxisterio.

E nese senso, agardamos non ferir a súa sensibilidade pregándolle vexa en todo isto o mesmo amor que vostede poñía na aula. O ilustre pedagogo Giner de los Ríos, dixo que o maxisterio tería que se realizar cunha grande paixón, pero que a sociedade tiña que recoñecelo tamén con grande paixón. A paixón que vostede poñía, non somentes ninguén a pon en dúbida, senón que se lle considera como unha das súas moitas virtudes. O que quixeramos nós agora é saber chegar a vostede, coa mesma paixón, e sincero recoñecemento.

Como lembranza deste acto, pedímoslle acepte uns cativos agasallos, unha peza feita por homes de Lugo, con terra de Lugo, creación de Sargadelos, e un retrato feito polo debuxante Siro. As dúas cousas son aportacións dos seus creadores polo interese en se sumar a esta homenaxe. E para que non falte unha das súas paixóns, o libro, supoñemos lle gustará recibir o que vostede escribeu sobor desta terra e que nós, os seus alumnos, temos especial interese en dedicarlle.

A súa outra paixón, as froles, nesta ocasión, quixemos que fosen para Dona Teresa, a súa dona.

Fáltanos a outra das súas paixóns, o paxaro, pero a tanto xa non nos atrevimos.

Moitas grazas, Don Antonio, polo seu exemplo, polo moito que nos ensinou, e pola regalía que supón a súa presenza entre nós.

Resposta de Antonio Fraguas

Palabras de Antonio Fraguas

 

Non é propio botar así un discurso despois de haber comido. Porque hai un tremendo conto da época dos romanos, aquela época terrible cando botaban ás persoas ao circo, e divertíanse vendo como os leóns facían estragos nos homes.

Pois ben, condenaron a un home a ser devorado por unhas feras. E as feras levaban tres días sen comer, a xente abarrotaba, esperaban que saíse a primeira fera…

Saleu. Era un cristiano. O cristiano estaba de xionllos, pero fíxolle unha seña ao león, e o león acercouse… díxolle algo, o león entendeuno -eran aqueles tempos nos que os leóns entendían ben-, e marchou.

Sacan un segundo león, e protestaba a xente xa. Vai o segundo león, con máis fiereza… faille unha seña, e marcha.

Daquela, xa a protesta era máis xeral. Entonces botan unha leona, que é a peor. A leona sae e da unha volta arredor. E nese momento, espera… acena… a leona acércase, e logo marcha.

Entonces, eran xa as tres veces de rigor, o emperador levanta a sentencia. Indulta ao señor que estaba condenado a morrer devorado polas feras, pero chámao… e dille: “Ven. Estás indultado, pero eu quixera saber que lles dis, que lles dixeches, que lles fixeches aos leóns?”. “Moi sinxelo… eu díxenlles: aquí, despois dun banquete, hai que botar un discurso”.

(Risas xerais e fortes aplausos)

Eu non botarei un discurso, pero si en poucas, en moi pouquiñas verbas, catro ou cinco, quero agradecer de veras, de corazón. Porque hoxe tiña necesidade de ter nas cordas do corazón un pouco de aceiro, quizais como ese aceiro como levaban as nosas mulleres de fai setenta anos, recollendo o seu peito… eu precisaba levalo pero por dentro, porque as cordas, as miñas cordas do corazón, hoxe, xa cederon bastante con esa cesión de humanidade que ten que ter para vós… sinto unha ledicia extraordinaria, porque nunca presumín de nada, pero presumín dunha cousa, dos alumnos. Dos meus alumnos.

A mostra está aquí. Eu podo decir mañán: alí estaban tenientes coroneles, alí estaban maxistrados, alí estaban médicos, alí estaban homes de porvir… alí estaban aqueles que foron meus alumnos, e que sempre me honran falando de min.

Eu teño que agradecervos que teñades ese senso da responsabilidade. Si algo adquirístedes de min, esforceime porque fixerades eso que decíamos á mañán, ser homes verdadeiros. Cando a figura de Nietzsche vai elaborando un personaxe, busca case sempre a profunda filosofía oriental. E buscou, claro, o home que había de falar, había de ser Zaratustra. E con el, con esa forma oriental, había de buscarse un home que había de reanudar as cousas.

Hai, no medio dos alumnos, xente que exerce a política activa, xentes que exercen a medicina, e xentes que exercen un negocio… pero é sempre a vida, a verdadeira realidade do mundo, a que nos fai sentir o que somos, o que levamos dentro, e sobre todo sentilo para os demais, non xa para nós sós.

Para min, hoxe, é un día único… Confeso, verdade, que non creín nunca que se xuntase tanto ex alumno… Pois ben, digo o que dixen á mañán: Respeto todas as crenzas, respeto todas as filosofías, pero eu como un crente, mellor diría quizá un pecador crente, digo que pido á Virxen dos Ollos Grandes, que consiga do Noso Señor que todos teñades moita saúde, moita fortuna na vida e que todos pasedes os meus anos.

Habédelos de pasar, e dígoo con certo… porque vades a pasalos moi axiña, como os pasei eu. Que parece que entrei onte no Instituto, e xa levo catorce anos xubilado… de modo que entrei fai 39 anos. Así que logo pasaron estes trinta e nove anos… logo pasarán tamén para todos vós outros tantos.

Eu desexo siquera que recordedes un cento de festas de San Froilán.

A todos, meus queridos amigos, de corazón, moitas grazas!

Na presidencia, representantes da Real Academia Galega, Francisco Río Barja; da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo; e do Concello de Santiago, Ernesto Vieitez Cortizo, que fora Alcalde da capital de Galicia en 1986-1987

Na presidencia, representantes da Real Academia Galega, Francisco Río Barja; da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo; e do Concello de Santiago, Ernesto Vieitez Cortizo, que fora Alcalde da capital de Galicia en 1986-1987

Adhesións

Ao remate dos parlamentos, Xulio Xiz deu lectura ás seguintes adhesións:

Manuel López Franco e Manuela Taboada Bande:

No nome propio e no do seu fillo, Manuel López Taboada, que se vivise, con grande satisfacción estaría hoxe aquí, acompañándoo a vostede e aos seus compañeiros de estudo, nesta homenaxe que tan merecido ten polo seu brillante labor.

Cesar Álvarez Carballido, Fonsagrada:

Cualifica a Fraguas de persoa de recoñecida solvencia intelectual e humana e envía este testemuño de adhesión.

Emilio López Rodríguez:

Querido Don Antonio: Con el testimonio de mi admiración le envío un fuerte abrazo a todos los amigos ahí presentes y que, al igual que yo, tuvieron la fortuna de tener a tan humano e ilustre profesor.

José María Prado Gomez. Promoción do 53:

Querido profesor, queridos condiscípulos, me adhiero al homenaje que tan merecidamente se le tributa. Por motivos de salud no me encuentro en condiciones de asistir personalmente, aunque lo hago espiritualmente. Don Antón, reciba unha forte aperta do seu ex alumno que de corazón o aprecia e o respecta.

Anllo. Promoción do 53:

Únome desde fora da terra á homenaxe ao grande mestre galego.

Xosé Luis Reigosa:

Sinto non estar convosco. A miña admiración ao noso mestre e unha aperta.

Odón Casal Núñez, avogado. Promoción do 53:

Ante la imposibilidad de estar presente, me adhiero incondicionalmente a este homenaje, en el transcurso del cual espero que se tenga también recuerdo para los compañeros fallecidos y para los que nos encontramos ausentes, todos ellos muy estimados por nosotros, y también admiradores del profesor Fraguas.

Desiderio, de Farmacias Álbore, Pozuelo-Madrid:

De todo corazón me uno a todos los presentes en el acto de homenaje a Don Antonio, del que conservo un imborrable recuerdo, y que andando el tiempo ya le he perdonado que en un examen me pusiese: “Los hititas, heteos, oquetas, un pueblo de Asia Menor”, que más o menos era todo lo que de ellos sabíamos y que por ser tan poco no lo he olvidado. Y añade que, a partir de ahora, cuando hable de la rúa de Antón Fraguas en Lugo, siempre diré con orgullo que ese fue mi maestro.

Jose Antonio Rodríguez Fraguas. Promoción do 55:

Os envío mi felicitación por la iniciativa, me solidarizo con el homenaje a Antonio Fraguas, gran profesor y gran gallego.

Xosé Trapero Pardo:

Ao celebrarse a homenaxe de admiración e afecto ao ilustre académico, profesor e escritor don Antón Fraguas, quero facer constar a miña persoal adhesión ao amigo e compañeiro de tantas horas na súa estadía en Lugo e en sesións académicas, e o desexo de que don Antón, en longos anos de vida, continúe no seu fecundo labor a prol de Galicia

Jaime Pedro, hijos y hermanos Vázquez Miralles:

Deseamos sumarnos a homenaje tan señalado en el día de hoy, deseándole toda la felicidad.

Germán Martínez:

Para don Antón, mente desperta, desde Xixón, forte aperta.

Antonio Gonzalez Guasch. Promoción do 59:

Ante imposibilidad desplazamiento, ruego transmitais a nuestro buen profesor, don Antonio Fraguas, mi adhesión a los actos que vais a celebrar.

Ramón Fernández Valiño, Mondariz-Pontevedra:

Mi respeto, admiración y gratitud por la formación recibida desde su cátedra de Geografía e Historia.

José R. Rodríguez Suárez:

Incondicionalmente me sumo a este homenaje, y felicito al homenajeado.

Manuel Basanta:

Por coincidir fecha Congreso Pediatría, lamento no asistir personalmente merecidísimo homenaje al que me uno de todo corazón.

Ángel Balboa:

Mi entusiasta adhesión a tan merecido homenaje. Abrazos.

José Luis Rodríguez Rodríguez e Pilar Raposo García:

Adhesión.

Gonzalo Encinar Gándara:

Saludos afectuosos, e adhesión á homenaxe.

Antonio Quintana Peña:

Mi querido amigo Fraguas: después de tantísimos años –¡cuántos!-, enterado del homenaje que le hacen sus alumnos, quiero hacerle llegar este sentido pálpito de recuerdo y de afecto, conmemorativo de los mejores tiempos en que juntos desbrozábamos las mentes infantiles de Lugo y su provincia. Con mi saludo, cargado de afecto y nostalgia, reciba querido Fraguas la reafirmación de mi amistad y reconocimiento a su densa y fecunda labor.

Juan Luis Castro Somoza, Ourense. Promoción do 54:

Manifestadle a don Antón Fraguas nuestra profunda gratitud por los conocimien­tos que nos ha impartido, y sobre todo por esa gran lección que constantemente nos ha brindado, dentro y fuera de las aulas, demostrándonos la verdadera dimensión de un intelectual auténtico y de un hombre cabal.

Nicolás Rasilla Bayón:

Aunque no pueda asistir por motivos de salud, estaré siempre con mi gran maestro.

Tomás Pardo Santiago, Valencia:

Cariñoso y respetuoso recuerdo, agradecimiento y orgullo que siempre he sentido y siento de haber sido alumno de uno de los más ilustres intelectuales que ha dado Galicia en el presente siglo.

Xosé Filgueira Valverde:

Cordialmente, merecida homenaxe fraternal compañeiro don Antón Fraguas, sentindo non poder asistir. Apertas.

Antonio López Acuña:

Le ruego acepte con motivo del cariñoso homenaje que le tributan un grupo de sus alumnos, el testimonio de mi sincero afecto, y mi cordial adhesión.

Andrés Pérez-Carro García:

Siento no poder estar con usted en tan señalado día debido a un accidente. Un fuerte abrazo.

Gustavo Santiago Valencia, do Pedrón de Ouro:

No nome do Pedrón de Ouro e no meu propio, únome á homenaxe merecida de alumnos ao seu mestre.

Aniceto Núñez, Conselleiro:

Co gallo da homenaxe que lle tributan os seus alumnos do Instituto Lucus Augusti, transmítolle, Antón Fraguas, a miña máis sincera felicitación.

O Círculo das Artes de Lugo:

La Junta Directiva, en nombre de los socios del Círculo de las Artes, y en virtud de acuerdo adoptado el pasado día cinco, desea hacer constar su adhesión al acto de homenaje a don Antonio Fraguas.

Trapero Pardo, Director do Museo Provincial de Lugo:

El Museo que durante tantos años se honró con la presencia asidua, y con frecuencia del consejo, del ilustre catedrático, quiere unirse al justo homenaje que la ciudad de Lugo le rinde como reconocimiento a su labor cultural y a su labor docente.

Homenaxe

 

Consello da Cultura Galega:

Compartimos de corazón a merecida homenaxe ao noso ilustre compañeiro.

Emilio García Bonome, Director Xeral de Ensinanzas Medias:

Quero amosarlle a máis viva felicitación pola homenaxe que se lle tributa, uníndome xa que logo aos organizadores cun cordial saúdo.

Alfredo Conde, Conselleiro de Cultura:

Manifesto deste xeito o meu afecto e apoio a Antonio Fraguas.

Carlos Casares, Editorial Galaxia:

A Editorial Galaxia e todos cantos traballamos nela unímonos a esta merecida homenaxe.

Condesa de Fenosa:

En nombre del Patronato de la Fundacion Pedro Barrié de la Maza y en el mío propio, manifestamos nuestra más sincera felicitación y adhesión al homenaje.

Agustín Sixto Seco, da Fundación Otero Pedrayo:

A fundación Otero Pedrayo, que se honrou concedendo o Premio Trasalba 1985 ao ilustre profesor Antón Fraguas, súmase con ledicia á homenaxe que se lle brinda en Lugo, e desexa longa vida ao vello galeguista.

Agustín Sixto Seco, do Patronato Rosalía de Castro:

Todos nós, os homes e mulleres do Patronato Rosalía de Castro, unímonos fraternalmente á celebración na que se homenaxea ao profesor Fraguas, ilustre amigo da causa rosaliana, á que tanto axudou.

Ramón Villares, Decano da Facultade de Xeografía:

No nome propio e o da Facultade, únome á homenaxe a don Antón Fraguas, mestre dos saberes e fidalgo no trato.

Carlos García Martínez, Subdirector do Museo do Pobo Galego:

Carlos García Martínez únese a esta homenaxe ao Director do Museo, merecido recoñecemento ao seu labor docente que marcou impronta en tantas xeracións de galegos, entrañable personalidade humana e traxectoria incuestionable dunha vida de entrega a Galicia.

Felipe Arias Vilas, Director do Museo do Castro de Viladonga:

A homenaxe tan merecida que se lle tributa, non pode ser máis ca unha mínima mostra de todo o agradecemento que se lle debe desde hai tempo pola nosa cultura.

Xerardo Estévez, Alcalde de Santiago:

Como alcalde da cidade de adopción de don Antonio, e sobre todo como admirador e amigo, quero facervos chegar o meu apoio á homenaxe que lle estades a facer. Cordiais e fondos saúdos.

Consello Galego de Museos:

Xusto recoñecemento das súas virtudes docentes e humanas, e labor constante a prol da cultura galega.

Branca Jiménez, Presidenta da Fundación Penzol:

Cordial adhesión á homenaxe a Antonio Fraguas.

Isaac Díaz Pardo, Seminario de Estudos Galegos:

Xúntome a esta homenaxe -ben merecida por certo-, que lle ides render os seus antigos alumnos a ese extraordinario profesor e home que é don Antón Fraguas e Fraguas, agradecendo fagan chegar esta adhesión a onde corresponda.

Díaz Pardo, no nome de Laboratorio de Formas de Galicia, Seminario de Sargadelos, Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, Edicións do Castro, Laboratorio de Industria e Comunicación, Instituto Galego de Información, e comisionado para este trámite polo Laboratorio Xeolóxico de Laxe, da Fundación Parga Pondal:

Súmase a esta homenaxe.

José Carro Otero, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento:

Envía a súa adhesión.

Concello de Cotobade, Pontevedra:

O concello de Cotobade (Pontevedra), pobo natal de don Antón Fraguas, súmase a esta homenaxe e por teléfono, esta mañá, o seu alcalde Xosé Ramón Abal Varela, manda unha fortísima aperta para Don Antón, sentindo a ausencia física pero facendo constar a presenza espiritual.

Patronato de Cultura do Concello de Lugo:

O Patronato de Cultura do Concello de Lugo, súmase á homenaxe que hoxe se rende ao profesor Fraguas, de tan grande lembranza nesta cidade, porque Fraguas é o prototipo do que ten que ser un profesor: Mestre e sabio, profundamente humilde, e comunicador agarimoso e desprendido.


E –para rematar- a Xuntanza de escritores da provincia de Lugo, celebrada o pasado día catro, acordou testemuñar a don Antón Fraguas a súa ledicia pola homenaxe que lle renden os seus ex alumnos lucenses.

Somos 200… poderíamos ser 2000. Grazas!

A rúa Antón Fraguas na actualidade

A rúa Antón Fraguas na actualidade