Compañeiro e amigo

Don Antonio Fraguas, máis ca profesor, moi querido por todos, foi un compañeiro e amigo. Levábanos de visita ós  castros para “in situ” ver restos prehistóricos que alí había. As súas clases eran moi amenas e cando terminaban, desexabamos volver a ter a seguinte. Tanto influiu en min que, despois, a Xeografia e a Historia foron referentes nos meus posteriores estudos na Escola de Maxisterio de Lugo.