Fraguas, Lucense
Cando alguén se ve obrigado a deixar o seu lugar de residencia, para ir a outro establecerse para traballar, acostuma a repetirse unha “frase feita” (mantra) que di: A X … (lugar de destino) vaise chorando, pero sairás tamén chorando. Isto non é máis que a constatación do que nos custa saír das nosas zonas habituais e de confort. Resulta que ese dito non se cumpriu con D. Antonio Fraguas, máis ben ao contrario, xa que veu a Lugo contento.